Un ano máis, o CCU Zona Monumental participará na tradicional Batalla de Flores das Festas da Peregrina, que se celebrará o 13 de agosto.
E ti tamén podes formar parte desta experiencia única!
Os nenos e nenas das familias que compren nos comercios asociados ao CCU poderán subirse á carroza do CCU Zona Monumental e desfrutar do desfile lanzando confeti e serpentinas ao público.
Como participar
-
Realiza as túas compras en establecementos asociados ao CCU Zona Monumental.
-
Reúne tickets por un importe mínimo de 150 €, realizados entre o 5 de xullo e o 10 de agosto.
-
Entrega os tickets na sede do CCU Zona Monumental (Praza da Verdura s/n, 1º andar) en horario de luns a venres, de 8:00 a 15:00 h.
-
As prazas son limitadas e asignaranse por orde de entrega ata completar o número máximo de participantes.
Os participantes seleccionados formarán parte da carroza do CCU durante a Batalla de Flores, vivindo unha xornada chea de cor, música e diversión.
Non perdas esta oportunidade de formar parte dunha das festas máis queridas de Pontevedra, apoiando ao mesmo tempo o comercio local da Zona Monumental.