BASES SORTEO DE ENTROIDO
1. OBXECTO
Desenvolverase do 17 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2026, ambos inclusive, a campaña “SORTEO DO ENTROIDO”.
Esta campaña ten como obxectivo premiar a fidelidade da clientela, ofrecendo un atractivo promocional que incentive a realización de compras nos postos da Praza de Abastos, coa posibilidade de obter un dos premios sorteados.
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia.
2. ÁMBITO DA PROMOCIÓN
A promoción levarase a cabo nos postos da Praza de Abastos de Pontevedra integrados na Asociación que participen voluntariamente, sempre que estean abertos ao público e en funcionamento normal durante o período indicado.
3. PREMIO
Sortearanse os seguintes premios:
O premio non poderá trocarse por diñeiro nin por outro produto.
A recollida do premio deberá realizarse antes do 20 de febreiro de 2026, no lugar que se comunicará ás persoas gañadoras.
4. DEREITO A PARTICIPAR E ACCESO Á PROMOCIÓN
Poderá participar calquera persoa física maior de idade que realice unha compra nun posto da Praza de Abastos durante o período da campaña.
A participación realizarase mediante papeletas dispoñibles nos postos adheridos.
Só participarán no sorteo as papeletas correctamente cubertas e depositadas na urna situada na entrada da Praza de Abastos de Pontevedra.
5. SORTEO
O sorteo celebrarase o 14 de febreiro de 2026 na Praza de Abastos de Pontevedra.
Contactarase coas persoas gañadoras mediante o número de teléfono indicado na papeleta.
Realizaranse tres intentos de chamada. De non ser localizada a persoa gañadora ou de non aceptar o premio nas condicións establecidas, contactarase cos suplentes por orde. De non localizarse ningunha persoa gañadora, o premio quedará deserto.
6. ENTREGA DO PREMIO
O premio poderá recollerse persoalmente ou mediante representante que presente o DNI da persoa gañadora.
A non recollida do premio dentro do prazo establecido implicará a renuncia ao mesmo.
7. CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
As persoas gañadoras autorizan á Asociación a reproducir, utilizar e difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria ou promocional relacionada con esta campaña, en calquera medio, sen dereito a remuneración adicional.
8. LIMITACIÓNS E MODIFICACIÓNS
A Asociación resérvase o dereito a modificar, suspender ou ampliar a promoción por causas xustificadas, comunicándoo previamente polos medios habituais.
9. TRATAMENTO DE DATOS
En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, os datos persoais recollidos serán tratados coa finalidade de xestionar a participación nesta promoción.
As persoas participantes poderán exercer os seus dereitos mediante escrito dirixido a info@ccuzonamonumental.es ou na sede da Asociación.
10. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación nesta promoción implica a aceptación íntegra destas bases.